1ª Feira da Radio Luso-Galaica

Imagen de eb1wm
Radio: 
Gallego

Acabo de atopar con agradable sorpresa na web da Associação de Radioamadores do Alto Tâmega - ARAT o anuncio da celebración da 1ª Feira de Radio do Alto Tâmega, prevista para o vindeiro sábado 19 de xullo. Unha boa oportunidade para os amantes do chambo Tongue out.

Últimamente non paran (repe D-STAR) e están a ser pioneiros en moitos aspectos do mundo da radio en Galiza e o Norte de Portugal. Non sei exactamente cantos asociados terá a ARAT, pero penso que están a demostrar que non por ser unha asociación máis pequena, se teñen que levar a cabo menos proxectos. O que máis importa é a ilusión e as ganas de facer cousas.

Dende estas liñas a miña noraboa a Eduardo (CT1DQV) e ao resto de colegas da ARAT.

Añadir nuevo comentario