El mayor evento de astronomia y radioastronomía amateur de Galicia. Con actividades divulgativas y destacados ponentes.
No puedes perdertela!!
Pincha sobre la imagen para acceder al formulario de inscripción.
(En el archivo adjunto puedes descargar el cartel con el programa a mayor resolución).
Comentarios
Programa AstroGalicia 2016
Xa está, case definitivo, o programa de AstroGalicia16.
Onde
En Castrelo de Miño (Ourense), no edificio do Parque Náutico. No mesmo edificio contamos con cafetería, restaurante, salas de reunións e actividades e albergue municipal. A 5 km de Ribadavia (Ourense), a onde se accede pola autovía A-52.
Programa:
Provisorio, haberá algún cambio.
Venres 7 de outubro
Desde as 19:00: recepción e inscrición de asistentes
21:00 Cea de inscritos (carta de racións de outuno).
22:00 Comezo das actividades.
Sábado 8 de outubro
11:45 Presentación oficial das actividades.
12:00 Charla i.
13:30 Observación solar con telescopio H-alfa
14:00 Xantar
16:00 Obradoiros de iniciación e avanzados para inscritos.
19:00 Charla ii.
21:00 Cea astronómica para os inscritos
22:00 Participación na International Observe the Moon Night; concentración de telescopios.
Domingo 9 de outubro
11:00 Obradoiros para inscritos.
12:00 Charla iii.
14:00 Xantar oficial de despedida.
Prezos
Inscrición: 20 € (10 € para socios de entidades patrocinadoras)
Diferentes opcións de aloxamento e manutención:
no albergue municipal (cuartos con liteiras compartidos) en pensión completa: 78 € (68 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento pero con xantares e ceas os dous dias: 64 € (54 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento nin a cea do primeiro día: 52 € (42 € socios de entidades patrocinadoras)
Outras opcións: se ningunha destas opcións con desconto se che adaptan, o restaurante e cafetería do Parque Náutico está dispoñible para todos aqueles que queiran achegarse de xeito puntual con menú de fin de semana a 12 € e cea á carta.
Charlas
Ana Ulla, da Universidade de Vigo.
José María Madiedo, Universidade de Huelva e AstroHita.
Persoal do Centro de AstroBioloxía (NASA-INTA).
Obradoiros
Iniciación á astronomía: impartido por Jorge Arranz, destinado a todos os que queiran empezar a coñecer o mundo da astronomía. Partindo da base aprenderemos a coñecer o ceo nocturnos, como se moven os astros, nocións de cosmoloxía e iniciación ao manexo de telescopio.
Avanzado: varios obradoiros impartidos por diferentes ponentes que incluirán detección de meteoros, radioastronomía, oculares...
AstroGalicia
Boa tarde:
Na súa sétima edición, o evento que comezará o venres 7 de outubro pola noite estenderase ata o domingo 9 de outubro despois do xantar. Como noutras ocasións, artellarase ao redor dos seguintes tipos de actividades:
1.-- charlas didácticas abertas para todos os públicos.
1.a. José María Madiedo da Universidade de Huelva e AstroHita, un dos maiores expertos en meteoros e meteoritos, que nos explicará a perigosidade destes obxectos e os diferentes proxectos internacionais para a súa observación e detección.
1.b. Ana Ulla, astrónoma da Universidade de Vigo que participa no proxecto da misión espacial da ESA Gaia, que nos porá ao día nos últimos resultados deste telescopio especial que vén de presentar hai uns días o maior mapa da Vía Láctea obtido ata o de agora pola humanidade.
1.c. Persoal do Centro de AstroBioloxía (primeiro laboratorio que a NASA instalou fóra dos Estados Unidos e con xestión por parte de NASA e INTA-Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial), para falarnos dos proxectos punteiros nos que están a colaborar.
2.--observacións astronómicas públicas: diúrnas coa observación do Sol con telescopios específicos en H-alfa e nocturnas da Lúa, Saturno, Marte e diversos obxectos de espazo profundo.
3.--actividades con experimentos divulgativos, como simulación de cráteres lunares e outros similares.
4.--obradoiros de iniciación á astronomía, dirixidos especialmente a aqueles interesados en comezar a aprender e apaixoarse pola observación das estrelas.
5.--obradoiros de perfeccionamento, dirixidos aos afeccionados á astronomía. Contaremos con detección de meteoros en observacións visuais, observación de ocultacións estelares, radioastronomía para a detección de meteoros, oculares axeitados para os telescopios... Contaremos con Jorge Arranz da Agrupación Astronómica de Madrid, Ramón Marzoa do Observatorio de Javalambre (Teruel), José Luis Cuesta (colaborador do Centro de Astrobioloxía-INTA) e EB1HBK do grupo cacharreo.es
Todas as actividades agás as dúas últimas son de balde e abertas a toda a poboación. No dous últimos casos haberá que inscribirse previamente, estando toda a información dispoñible na web de www.nauticocastrelo.com no apartado de "eventos".
Como atractivo adicional, a cea do sábado pola noite terá un contido marcadamente astronómico con platos temáticos relacionados coa astronomía e o espazo.
A novidade de este ano é que o evento participa, na noite do sábado 8 de outubro, na convocatoria realizada por diversas institucións espaciais de "International Observe the Moon Night" ou "Noite internacional de observación nocturna da Lúa".
Calquera dúbida ou aclaración tédesme ao voso dispor neste mesmo correo. Irei comentando novidades, que haberá, ao través do meu twitter @dosiveiga e usando o hashtag #AstroGalicia16 aínda que tamén irán aparecendo na web do e ento.
Achégovos unha copia do cartel e servíde os para darlle toda a difusión que esrimedes oportuno.
Moitas grazas pola vosa atención. D.Veiga.
Añadir nuevo comentario