Añadir nuevo comentario

Imagen de eb1wm

Estatísticas Radioafeccionados 2008 - SETSI

Radio: 
A Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información (SETSI), que é o organismo que regula a actividade dos radioafeccionados en España, ven de publicar o pasado 15 de abril de 2008, as estatísticas que reflicten o número de autorizacións e licenzas actualmente vixentes no noso país.

Non pretendo facer interpretacións persoais sobre o motivo do acusado descenso do número de licenzas e autorizacións se o comparamos con anos anteriores. En calquera caso, si que me gustaría que quen non o tivese claro, entendera que unha grande parte dese descenso é virtual.

A ver se consigo explicarme mellor. Até a entrada en vigor do novo Reglamento de Estaciones de Aficionado (REA), moitos colegas eran titulares de 2 ou incluso 3 indicativos. Como o que contabilizan estas estatísticas son licenzas e autorizacións e non número de radioafeccionados, coa introdución da nova normativa, á hora de renovar, moit@s compañeir@s optaron por quedar cun só indicativo (de nova asignación ou un dos que viñan empregando até ese momento), para non ter que pagar os 180 e pico euros por indicativo para manter cada un deles. Na miña opinión esta regularización explicaría unha grande parte dese descenso en números absolutos.

De todos os xeitos, o que máis me interesa é dar a coñecer os datos da provincia onde figuro como radioafeccionado, Ourense. Estes son:

Persoas Físicas (Radioafeccionados) Asociacións Estacións colectivas Asociacións Estacións desatendidas TOTAL
212 2 1 215

Quede esto aquí escrito, para quen albergara algunha dúbida ao respecto.

Fonte: SETSI - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio